Este é o noso lema para a primeira Asemblea Nacional da FRUGA
Convocadas as primeiras asembleas comarcais.
Compostela, 28 de febreiro de 2012.- Nestes días dan comezo os debates preasembleares que percorrerán o País par dar a coñecer os textos a debate na nosa Asemblea Nacional. Ademais debateremos sobre a nova reforma da PAC e a posición da FRUGA ao respecto e as nosas propostas. Así se fixo saber as filiados e filiadas da FRUGA que de seguro respostarán coa participación, o debate e innumerábeis aportacións a esta cita que abre unha nova xeira na nosa organización e que parirá non só unhas teses anovadas, realizadas desde a participación direta da filiacián, senón unha organización reforzada e pronta à asunción dos novos retos que a situación que a dificil coxuntura galega e mundial precisan.
Asembleas abertas.
Podes participar nas asembleas comarcais xa que son citas abertas. As aportacións dos homes e mulleres no noso rural son benvidas e necesárias cando é o futuro do rural da Galiza o que está a debate.
Estas son as citas convocadas até agora:
Compostela: mércores, 29 de febreiro. 11:30 horas. Local da FRUGA
Touro:mércores, 29 de febreiro. 21:30 horas. Local Social de Prevediños.
Cee: venres, 2 de febreiro. 1:30 horas. Local da CIG.
Meira: xoves 1 de marzo. 21:30 horas. Casa da Cultura.
Sárria: venres 2 de marzo. 21:30 horas. Local da CIG.
A Fonsagrada: luns 5 de marzo. 11:30 horas. Salon de Actos d´Os Chaos.
Participa: Galiza rural, orgullosa de ser!