A FRUGA fai parte da Plataforma que aglutina o movimento contrario à instalación da incineradora.
As protestas continuarán mestras se van producindo mais adesións.
Compostela, 29 de febreiro de 2012.- Na xornada de onte celebrouse un acto mais reclamando a paralización do proxecto que pretende construir unha grande incineradora de resíduos no Concello do irixo. A FRUGA participou desta concentración convocada frente ao Parlamento de Galiza na defensa dos labregos e labregas dos concellos afectados por esta barbaridade ecolóxica que ven perigar o seu futuro e o da sua actividade.
A Federación Rural Galega comprométese a redobrar os seus esforzos para conquerir a unha resposta social masiva perante este novo atentado aos sectores produtivos básicos do país, à saúde das persoas e ao medio ambiente.