Grande éxito nas asembleas preparatórias da I Asemblea Xeral.
Coa mirada posta na convocatoria de eleccións aos Consellos Reguladores.
Lugo, 6 de marzo de 2012.- No dia de onte celebrábase a última das asembleas na provincia, preparatoria da Asemblea Xeral que FRUGA celebrará en Silleda o 17 de marzo baixo o lema “Galiza rural, orgullosa de ser”. Na mesma, ademais de debater as teses para a asemblea abordouse a nova PAC e as consecuencias que traerá para o noso agro. Das asembleas están a sair tamén as propostas para a elaboración da nova Direción da FRUGA que terá a dificil misión de guiar à Federación a partir do dia 17, nun contexto nacional e internacional de crise e descontento social ao que non é alleo o agro galego.