“Galiza rural, orgullosa de ser” pasa de lema da Asemblea a consigna sindical, coa vista posta nas eleccións aos consellos reguladores.
Agora é o tempo de por en prática os acordos asembleares.
Compostela, 22 de marzo de 2012.- A ciclo sindical encetado hai mais de dous anos coa asemblea fundacional da FRUGA pechouse este pasado sábado 17 de marzo coa celebración da I Asemblea Nacional da Federación Rural Galega. Estes dous anos foron unha dura proba que serviu para demostrar a necesidade de organizar o sindicalismo agrário nacionalista mais serviron para confirmar que esa demanda popular era capaz de encarnarse na organización da que hoxe temos o orgullo de facer parte. Esta asemblea serviu para armármonos ideoxicamente frente às novas agresións que sofre o noso agro, mas tamén frente a aquelas que historicamente veñen marcando o vieiro do sindicalismo agrário nacionalista que ten hoxe na FRUGA a sua expresión organizada.
En breve poremos à vosa disposición os textos completados coas achegas e emendas aprovadas no acto de Silleda, asi como a listaxe completa da nova Dirección Nacional.