A FRUGA presente nas manifestacións históricas do sindicalismo nacionalista

Imaxen da manifestación da Folga Xeral en Lugo

Compostela, 30 de marzo de 2012.- A xornada de onte serviu para demostrar a fortaleza do sindicalismo nacionalista na Galiza. Centos de milleiros de persoas participaron da Folga Xeral con mais seguimento da história do País. Nela pariciparon non só asalariados e asalariadas; labregos e labregas agrupados na FRUGA participaron das distintas marchas e manifestacións que percorreron o País en resposta as contínuas agresións que o Partido Popular ten reservadas para as nosas clases populares, e que teñen na nova reforma laboral unha especial significación polo que representa de retroceso nas conquistas sociais que desde o mundo do traballo se teñen conseguido tras décadas de loita.

Asi a Federación Rural Galega  reafírmase no seu compromiso co pobo traballador galego e as sua expresión organizada, a CIG e, como non podia ser doutro xeito, estará sempre presente na defensa dos direitos dos traballadores e traballadoras galegas.