Xornadas Por un Medio Rural Galego Vivo

Terán lugar en Poio e Pontevedra, entre o 20 e o 21 de abril.

Estas xornadas, organizadas pola FRUGA, ADEGA, CIG e a ORGACCMM, son un paso mais no establecemento de marcos unitarios en defensa do noso medio rural.

Compostela, 2 de abril de 2012.-  O vindeiro 20 de abril, e baixo o lema “Por un medio rural galego vivo” , os concellos de Poio e Pontevedra acollerán unhas xornadas que marcarán un antes e un despois nas alianzas sociais en defensa do noso medio rural. Estas xornadas son un paso mais no que ven sendo xá unha colaboración habitual das catro organizacións, como xa se ten evidenciado na oposición conxunta á Lei de montes ou á Lei de Caza.

Unhas xornadas para o debate e a construcción de alternativas.

A converxéncia e a colaboración destas catro organizacións fai posíbel un achegamento ao noso rural desde distintas perspectivas e distintos campos de acción. Asi as xornadas servirán para achegarnos á reforma da PAC, as políticas de emprego do rural, as políticas ambientais ou a xestión dos montes comunais. Ademais de afondar e centrar as xornadas na situación da galiza e o noso rural, tamén haberá tempo a coñecer outro tipo de experiéncias concretas non só na Galiza: Portugal e a xestión dos baldios, e outras experiéncias desenvolvidas no estado español compartirán mesa con experiencias e proxectos galegos que certamente servirán para abrir novos vieiros e perspectivas no desenvolvimento do noso agro. Podes consultar descargar o programa completo das xornadas aqui: Xornadas_Medio_Rural_Pontevedra_Abril_12.