Con este novo local FRUGA asegura unha ampla cobertura sindical e técnica nunha comarca fundamental no mapa agrario da Galiza
Verín, 10 de abril de 2012.- O pasado día 1 de abril inagurouse en Verín un novo local da FRUGA e da AGV, Asociación Galega de Viticultura, polo que se pode dar unha atención especial á comarca de Monterrei e arredores, con especial atención ao sector vitivinícola. O local está situado na Rúa Espido nº53 e a responsable da AGV-FRUGA na zona é Purificación Caldelas, enxeñeira agricola de grande experiencia no sector agropecuario.
A xornada inagural comenzou a primeira hora da tarde cunha reunión no propio local da Rúa Espido en Verín. Despois houbo o acto oficial na sede de FORGA en Verín con asistencia de máis de 50 persoas entre viticultores/as, responsables de adegas e amigos. Deron unhas palabras Puri Caldelas, Xosé Manuel González Vilas, Manuel Blanco da adega Tapias Mariñan, e José Manuel Fernández de Castro de Lobarzán. Como participación especial nos acompañou Alvaro Bueno cunhas reflexións sobre pasado e momento actual dos viños de Monterrei.