FRUGA, que fai parte desta Plataforma, ten denunciado nas últimas semanas o proxecto da Xunta para fumigar masivamente o País
Con FRUGA na Plataforma cobra forza a voz dos dos labregos e labregas galegas
Compostela, 26 de abril de 2012.- Hai dous dias presentábase esta denúncia no marco da campaña contra a fumigación masiva da Galiza cun potente e perigoso agrotóxico que a propia Unión Europea ten previsto retirar do mercado en tan só uns meses. Asi o ten denunciado xa con anterioridade a FRUGA, que en rolda de prensa nunha das comarcas afectadas por esta situación, a Barbanza, espuxo as graves consecuencias que para a flora, a fauna, os cursos de auga e as propias persoas, pode ter este composto químico que as multinacionais agroquímicas pretenden espallar polo noso território.
Aposta pola acción social
Desde a Federación Rural Galega, membro da recentemente creada Alianza por un Medio Rural Galego Vivo, consideramos que é precisamente desde posicións unitárias e integrando distintos sectores da sociedade que demandas como esta acadan a forza e a dimensión suficiente para que o recoñecimento dos dereitos e liberdades dos habitantes do rural non fiquen no esquecemento e sexan finalmente recoñecidos.