Coa presencia da FRUGA nos procesos electorais conséguese non só garantir a presencia da única alternativa sindical de obediencia galega, senón mesmamente que haxa eleccións.
Compostela, 10 de maio de 2012.- A FRUGA presentou tamén as súas candidaturas dentro da DO Rias Baixas. Coa presentación destas candidaturas en Pontevedra, a FRUGA convertese na referencia nacionalista nunha eleccións que algúns pretenden converter nun mero reparto de postos nos distintos consellos sen a participación dos labregos e labregas. Asi na DO Rias Baixas, a FRUGA presenta candidatura entre os viticultores/as do Salnés – Ribeiras do Ulla, con Xerman Martínez Novo (Xestvigal SL) e Manuel Troncoso Prieto (Aguiuncho SL), aos que segue Mª Cruz Gómez Chaves como suplente.
Na subzona do Condado – Soutomaior, o cabeza de lista é Antonio Alvarez Suárez (Agromiño SL), seguido de Álvaro Martínez Lobariñas na suplencia.