A FRUGA esixe explicacións ao Presidente do “Tenreira Galega” polo veto ás elección do propio Consello Regulador

Manuel Núñez Monxardín, candidato da FRUGA ao CR de "Tenreira Galega"

A FRUGA solicitou unha entrevista co presidente de “Terneira Galega” para que nos explique os argumentos xurídicos do propio veto

Lugo, 11 de maio de 2012. – En febreiro deste ano, publicouse a convocatoria de eleccións para o mes de xuño de 2012 para a renovación dos órganos de dirección dos consellos reguladores de ámbito agroalimentario de Galiza. A Federación Rural Galega-FRUGA como organización constituída para a defensa dos sectores productivos agrarios galegos, presentou, en prazo e forma as súas propias candidaturas nos consellos reguladores máis representativos do País.
Dentro destes consellos reguladores, FRUGA presentou unha candidatura a “Terneira Galega” (TG) a través dunhas das distintas asociacións profesionais agrarias, que están integradas na propia FRUGA. Pois ben, o consello regulador de TG dictou o pasado día dous de maio unha resolución pola cal a candidatura presentada pola FRUGA era vetada no proceso electoral baixo argumentacións moi pouco obxectivas, xa que facía referencia a cuestións ás que nin sequera se mencionan nas propias bases da convocatoria de eleccións.
En base a isto, a FRUGA efectuou as oportunas alegacións e o propio consello regulador, ao non atopar argumentos xurídicos para contrarrestar estas alegacións, e para non permitir a nosa presenza no proceso electoral, na resolución posterior, o consello regulador de “Terneira Galega” declárase agora incompetente para resolver. É dicir, nun primeiro momento posicionouse en contra de que nos presentemos e agora afirma que non é quen de decidir se podemos o non presentarnos.
Debemos ter en conta que a candidatura da FRUGA conta con numerosos apoios e que privar ao preto de 7000 explotacións inscritas en TG que escollan de maneira libre e transparente os seus representantes do censo de productores no consello regulador, por unha banda deslexitima o propio proceso electoral e por outra, obriga aos candidatos da FRUGA e aos gandeiros que nos mostran, cada vez máis o seu apoio, ante estas sospeitas de fraude, a chegar ata as últimas consecuencias.
Por todo iso esperamos que o consello regulador de TG nos reciba e que nos explique os seus argumentos para vetar unha candidatura que cumpre perfectamente cos requisitos necesarios para presentarase á renovación en igualdade de condicións que o resto das candidaturas.