FRUGA convoca unha concentración en repulsa polo veto que sufriron algunhas das nosas candidaturas nas eleccións aos Consellos Reguladores

Apresentación das candidaturas en Lugo

A Federación Rural Galega – FRUGA presenta hoxe escritos de protesta perante a Consellería do Medio Rural e do Mar e da Xunta Electoral pola discriminación á que se ven sometidas a nosas candidaturas

Ficaron excluídas do proceso electoral as candidaturas ao CRAEGA, “Tenreira Galega” e “Pataca de Galiza”

Compostela, 21 de maio de 2012.- O pasado dia 28 de febreiro, a Consellería do Medio Rural e do Mar, publicou a Orde pola que se convocan eleccións para a renovación dos órganos de goberno de determinados Consellos Reguladores do ámbito agroalimentar.

A Federación Rural Galega – FRUGA, como federación na que se inclúen distintas asociacións profesionais dos diversos subsectores da actividade agraria e como organización que ten entre os seus fins a defensa dos sectores produtivos agrarios da Galiza, presentou en tempo e forma, as súas candidaturas aos consellos reguladores mais representativos do País.

O dia 15, deste mes, celebrouse a reunión da Xunta Electoral para proceder á proclamación definitiva das distintas candidaturas presentadas a este proceso electoral. A decisión adoptada foi a de vetar as candidaturas presentadas por FRUGA nos consellos reguladores de “Tenreira Galega”, Pataca de Galiza, Agricultura Ecolóxica.

Deste xeito pódese chegar a privar que mais de 7000 titulares de explotacións podan participar no proceso electoral que se inicia hoxe dia 22.

Co fin de manifestar a nosa repulsa pola a decisión adoptada na Xunta Electoral, FRUGA convoca unha concentración, maña dia 22, na que estarán presentes candidatos e candidatas das distintas listas electorais vetadas, co fin de presentar escritos de protesta perante da Consellería do Medio Rural e do Mar e da Xunta Electoral pola discriminación á que se ven sometidas as súas candidaturas.

Dia da concentración: 22 de maio (terza feira ou martes)

Hora: 12h30 da maña.

Lugar: Perante da entrada do edificio administrativo de San Caetano pola Praza Camilo Díaz Baliño.