Comezarán o vindeiro martes en Vimianzo por ser a sede tanto da empresa como dos bancos onde se realizaron os cobros e pagamentos fraudulentos
É tamén a sede do Distrito Forestal
A FRUGA foi solicitada tamén por veciños e veciñas de Verín, onde apareceron outros 4 expedientes similares aos da Costa da Morte
Cee, 1 de xuño de 2012.- Ao redor dun cento de persoas afectadas pola presunta fraude na xestión e cobro de axudas para traballos forestais reuníronse este mércores en Buxantes para definir un calendario de protestas. O obxectivo é lograr unha resposta da Xunta às demandas dos e das afectadas, así como a resolución dun conflito que pode afectar a varios centos de veciños e veciñas da Costa da Morte.
Os e as participantes do encontro amosaron a súa preocupación, xá que moitos dos presentes eran xá coñecedores e coñecedoras da imputación de grandes cantidades de cartos en concepto de subvencións forestais para traballos en leiras que nen son da súa propiedade, e que eran directamente cobradas pola empresa imputada desde o Xulgado de Corcubión.
Responsabilidades da Xunta.
Tanta ou mais indignación que o proceder dos empresarios denunciados causa tanto a implicación das entidades bancarias, como a propia responsabilidade da Xunta en todo este proceso. Entendese que é imposíbel que desde a Administración non se tivera ningunha sospeita ao respecto da tramitación fraudulenta destas axudas, polo que todo parece indicar que alguén poderiía ter colaborado con esta trama desde a propia administración, polo que se fai necesario que desde esta se inicien os necesarios trámites para depurar responsabilidades e averiguar a implicación de distintos funcionarios e funcionarias neste entramado fraudulento.
Como conclusión á asemblea definiuse um calendário de mobilizacións encamiñado a denunciar publicamente esta situación e así presionar á Adminitración, nomeadamente á Consellería de Medio Rural e Mariño, para que, por unha banda, dea a cara e responda ás numerosas interpelacións, tanto às solicitadas pólos denunciantes como as interpostas no próprio Parlamento Galego por mediación do GP do BNG. Ademais solicitarase, independentemente da vía xudicial, unha investigación a fondo do acontecido e unha solución colectiva ao problema criado. Desde a Federación Rural Galega advertimos que estas primeiras accións non son senón o inicio dunha campaña para esclarecer definitivamente o acontecido coa tramitación e adxudicación destas axudas, máxime se temos en conta os sucesivos e importantes retallamentos que se están a aplicar sobre outras axudas agrárias e que afectan enormemente á actividade dos homes e mulleres do noso rural. Seria un auténtico escándalo que namentres a administración autonómica e central chama a “apertar o cinto” en nome da austeridade, entramados mafiosos coma este estean a lucrarse de cartos públicos con total impunidade.