AGV-FRUGA gañou as eleccións na Denominación de Orixe Monterrei no sector productor

A día de hoxe FRUGA ten 3 vogais nos Consellos Reguladores, gañando as eleccións tamén na subzona do Condado-Soutomaior da DO Rías Baixas.

O veto de catro candidaturas de FRUGA a varios Consellos Reguladores impide aumentar a nosa representación

Compostela 4 de xuño de 2012. Celebradas este domingo as eleccións aos Consellos Reguladores da Galiza, que finalmente só se celebraron nas Denominacións de Orixe de Rias Baixas, Ribeiro, Monterrei e Valedoras, FRUGA obtén uns resultados máis que satisfactorios para os obxectivos que nós tiñamos marcados.

A candidatura da Asociación Galega de Viticultura-FRUGA encabezada por Alfonso Fernández foi a lista máis votada nas eleccións na denominación de orixe Monterrei no sector productor. Un éxito asentado nas propostas da AGV-FRUGA a prol da renovación nos xeitos de traballo do Consello Regulador.

Así mesmo na subzona Condado-Soutomaior da D.O. Rias baixas, no censo productor de máis de 2 hectáreas, a candidatura de AGV-FRUGA tamén foi a lista máis votada, acadando Antonio Álvarez (Agromiño S.L.) o único posto en dispusta neste censo para o pleno no Consello Regulador.

Por outro lado, na Denominación de Orixe Ribeira Sacra elaborouse unha única lista de consenso para o Consello Regulador da que formou parte AGV-FRUGA.

Celebradas as eleccións FRUGA empatou en número de votos en dous censos electorais de Monterrei e Valedoras con outras duas candidaturas, polo que será un sorteo a celebrar mañá martes na sede da Xunta Electoral o que determine que candidatura obterá o representante nos respectivos Consellos Reguladores. Así pois, o número de representantes finais de FRUGA nos Consellos Reguladores non se saberá ata mañá.

Veto ás nosas candidaturas

É importante recordar que FRUGA sufreu o veto de catro das súas candidaturas por parte da Xunta Electoral co apoio das outras organizacións sindicais, Unións Agrarias-UPA, Xovenes Agricultores-ASAJA e SLG-COAG. Estamos a falar do veto ás nosas candidaturas a Tenreira Galega, IXP Pataca de Galiza e as dúas candidaturas no censo productor do CRAEGA. Co veto absolutamente irregular destas candidaturas evitaron a celebración das eleccións neses Consellos Reguladores repartíndose entre os tres sindicatos os postos de representación nos respectivos plenos. Con este “amaño” impediron o debate sobre a situación dos respectivos sectores, así como a posibilidade de que os/as inscritos/as exerceran o seu dereito democrático a escoller aos seus representantes. Impedindo tamén que FRUGA poidera obter un maior número de vogais nos distintos Consellos Reguladores. Esta decisión será recurrida nos ámbitos legais oportunos por parte de FRUGA.

Por último sinalar que noutros dous censos as candidaturas de FRUGA non acadaron representación por unha diferencia dun único voto.

Así pois para FRUGA, organización agraria con apenas dous anos de vida, os resultados de estes procesos electorais non poden ser máis que avaliados como satisfactorios. Permitirán facer oir a nosa voz no sector vitivinicola galego, na defensa dunha viticultura de calidade que garantice prezos dignos aos viticultores/as e futuro viábel ao conxunto do sector, así como garantir que unha alternativa agraria nacionalista teña presenza no día a día do mundo rural galego.