AGV-FRUGA obtén finalmente o vogal correspondente às pequenas adegas no Consello Regulador de Valdeorras

Onte martes celebrouse o sorteo despois de que no proceso electoral a candidatura da AGV-FRUGA empatara con outra candidatura en número de votos, sendo ambas as máis votadas

Así pois FRUGA conta a día de hoxe con catro vogais nas distintas D.O do viño

Compostela 6 de xuño de 2012. Celebradas este domingo as eleccións aos Consellos Reguladores da Galiza, que finalmente só se celebraron nas Denominacións de Orixe de Rias Baixas, Ribeiro, Monterrei e Valedoras, FRUGA foi a candidatura máis votada no sector productor de Monterrei, onde obtén un vogal, e tamén a candidatura máis votada no censo productor de máis de 2 hectáreas na subzona Condado-Soutomaior da D.O. Rias Baixas. Así mesmo contamos con outro vogal na D.O. Ribeira Sacra onde se elaborou unha única lista de consenso para o seu Consello Regulador.

No día de onte celebrouse na sede da Xunta Electoral o sorteo do vogal das pequenas adegas no Consello Regulador de Valedorras, xa que nas eleccións houbo un empate entra as listas máis votadas. Sendo finalmente a candidatura da AGV-FRUGA encabezada pola adega O Casal S.A.T a que terá ese posto no pleno do Consello Regulador.

Unha vez celebradas as eleccións aos distintos Consellos Reguladores, FRUGA conta con 4 vogais en distintos D.O. do viño( Rias Baixas, Valedorras, Monterrei e Ribeira Sacra) e o veto a 4 das súas candidaturas a Tenreira Galega, CRAEGA e Pataca de Galiza.

Os resultados por organizacións agrarias no proceso electoral, isto é, nos Consellos Reguladores onde se celebraron eleccións foi o seguinte:

Xovenes Agricultores-ASAJA: 9 vogais (1 Valdeorras, 3 Ribeiro, 4 Rías Baixas e 1 Monterrei).

Unións Agrarias-UPA: 6 vogais (1 Valdeorras, 1 Ribeiro, 3 Rías Baixas e 1 Monterrei).

AGV-FRUGA: 3 vogais ( 1 Valdeorras, 1 Rías Baixas e 1 Monterrei).

SLG-COAG: 2 vogais ( 1 Valdeorras e 1 Rías Baixas).

Para a FRUGA, organización agraria con apenas dous anos de vida, os resultados de estes procesos electorais non poden ser máis que avaliados como satisfactorios. Permitirán facer oir a nosa voz no sector vitivinicola galego, na defensa dunha viticultura de calidade que garantice prezos dignos aos viticultores/as e futuro viábel ao conxunto do sector, así como garantir que a alternativa agraria nacionalista teña presenza no día a día do mundo rural galego.