As rúas de Compostela acolleron unha manifestación convocada pola ORGACCMM e apoiada pola Alianza por un Medio Rural Galego Vivo, organización da que fai parte a FRUGA xunto á CIG, ADEGA e a propia ORGACCMM
Compostela, 10 de xuño de 2012.- As rúas de Compostela foron no dia de onte o lugar escollido para protestar contra unha Lei de Montes que atenta seriamente contra a estructura económica e social do monte galego. O texto, elaborado polo PP, pon de novo en perigo a seguranza das persoas acurtando as franxas de protección contra os lumes forestais, asi como a viabilidade da actividade gandeira toda vez que permite a forestación de terras agrarias. Agrede ademais unha das figuras mais senlleiras da estructura propietaria galega, como é o Monte Veciñal en Mao común. Desde a FRUGA agardamos que esta demostración de firme rexeitamento faga recapacitar ao Goberno Galego e lembre que a súa obriga e gobernar pora a cidadanía, e non para os intereses das grandes empresas que non son quen de ver mais alá dunha morea de billetes nun monte, o noso, que foi e será signo da nosa identidade e parte indispensábel das nosas rendas particulares ou comunais, con valores paisaxísticos, históricos, ecolóxicos, moito mais alá do económico.