Delegación da FRUGA reúnese co Secretario Xeral Técnico da Conselleria do Medio Rural e Mariño

Xurxo Álvarez, Presidente da FRUGA

Fixoselle entrega dun documento que recolle as principais cuestións que preocupan á organización para a súa remisión á Conselleira

Houbo tempo para tratar outros temas, como a necesaria actualización do Consello Agrario Galego à nova realidade sindical do rural

Compostela, 18 de xuño de 2012.- Na mañá de hoxe, unha delegación encabezada polo Presidente da FRUGA, Xurxo Álvarez, entrtevistouse con José Vidal-Pardo Pardo, Secretario Xeral Técnico da Conselleria do Medio Rural e Mariño. O obxecto do encontro era achegarlle o documento que recolle unha série de cuestións urxentes que FRUGA terá ocasión de exporlle à Conselleira Rosa Quintana, nun encontro con data ainda por confirmar mais que, polo desprendido do encontro de hoxe, será finalmente concertado.

Ademais informouselle da intención daa FRUGA de interpor un contencioso contra a Administración pola nosa exclusión nos procesos eleitorais dos distintos Consellos Reguladores onde a FRUGA foi vetada.

A PAC, a dificil situación das explotación gandeiras e a Lei do Monte, entre as prioridades.

A estes asuntos hai que engardirlles outros de non menos importancia, como a reforma da OCM do viño ou acordos interprofesionais na compravenda de uva, demandados desde a AGV-FRUGA. Nese encontro preténdese abordar tamén asuntos relativos aos servizos no rural, especialmente afectados coas políticas de retallamentos sistemáticos e indiscriminados que deron, por exemplo, coa supresión do programa “Preescolar na casa”, ou novas taxas e trabucos, como o decreto que regula o canon da auga.