José Luís García Pando, da AGV-FRUGA, Presidente do Consello Regulador da DO Valdeorras

Así o decidiron os recentemente eleitos membros do Consello Regulador

Esta elección supón para a FRUGA todo un broche de ouro nuns procesos marcados polo veto a boa parte das nosas candidaturas

 

Compostela, 19 de xuño de 2012.- Desde onte a AGV-FRUGA preside o Consello Regulador de Valdeorras. Así os decidiron os vogais recentemente eleitos nos comicios celebrados na comarca Ourensá no marco das eleccións aos Consellos Reguladores das distintas DDOO e IXPs da Galiza. Na elección, celebrada onte, o candidato da FRUGA logrou o apoio de seis dos nove membros do Consello. Así o sindicalismo agrario nacionalista consegue presidir un Consello Regulador malia os intentos de por deixarnos fóra de todos os procesos eleitorais e o veto efectivo en catro deles.

Desta maneira, José Luís García Pando, da Adega “O Casal” de Rubiá, afiliado da FRUGA,vogal eleito no censo das pequenas adegas, recunca como Presidente, cargo que xa que exerceu na anterior etapa do Consello Regulador, recibindo entón tamén o respaldo á súa xestión ao frente do organismo. De feito tan só contou co voto en contra do vogal de Xovenes Agricultores – ASAJA, e abstención do vogal representante do censo de adegas de maior produción. No proceso constituinte non apareceu o vogal do SLG-COAG.