FRUGA inicia a súa campaña en defensa do sector leiteiro cos pés postos no País

Namentres outros agardan que lles dean ordes de Madrid, e acordan agora reclamar o que criticaron até a saciedade da Consellaria Nacionalista no Medio Rural, a FRUGA inicia unha serie de asembleas que terán o seu colofón nunha manifestación nacional

Compostela, 13 de setembro de 2012.- Estes días estamos a presenciar o que non pasan de ser mais que penosas procesións coas que as formacións sindicais de obediencia española pretenden lavar a faciana logo de tres anos de inactividade absoluta no sector leiteiro, tres anos que coinciden precisamente co goberno do Partido Popular na Xunta. Precisamente é neste período cando o sector lácteo galego está a sufrir as mais grandes agresións dos últimos tempos, co silencio cómplice dos que agora pretenden erixirse, novamente, nos seus salvadores. É por isto que desde a FRUGA, e desde a nosa propia dinámica, sen interferencias madrileñas e sen obrigar aos nosos produtores e produtoras a compartir “protagonismo” cos seus homólogos de Almeria ou Valencia, lanzamos xa ai alguns dias unha campaña dirixida a recuperar a dignidade e o protagonismo no sector da que é a principal potencia produtora de leite do estado. Así, sen submisións e coa vista posta no País, os nosos setores produtivos poden ser defendidos sen ter que estar constantemente agardando o consentimento de quen ten que pasar antes por Madrid para pedir permiso e recoller instrucións. Podes acceder á volantina editada para esta campaña na seguinte ligazón: 12-09-11 Pnflto LEITE(1)

A primeira das xuntanzas xa se celebrou na Pastoriza. A continuación reproducimos o calendario das asembleas xa fixadas para vindeiras datas:

Dia 15 de Setembro en Castroverde, às 12h no Restaurante Cortés
Dia 13 de Setembro en Sárria, às 12h no local da CIG
Dia 19 de Setembro en Guitiriz, às 12h no Mesón Cabra
Dia 20 de Setembro en Friol, às 12 h no local social de Friol
Dia 18 de Setembro en Lalín, às 12h no local da FRUGA – CIG.
Dia 17 de Setembro en Urdilde, às 12h no Hostal Ares
Dia 20 de Setembro en Ordes, às 12h na Sá de Coferencias da Alameda
Dia 24 de Setembro en Arzua, às 12h, local por determinar
Dia 26 de Setembro en Mazaricos, às 12h na Casa da Cultura.