FRUGA convoca aos afectados e afectadas pola fraude nas axudas forestais a unha asemblea en Vimianzo

Novos casos poñen en tela de xuízo as actuacións da administración do PP na Xunta de Galiza liderada por Feijóo
Algunhas actuacións incluían terreos propiedade de distintas empresas,  adxudicados a particulares
Cee, 15 de setembro de2012.- Aínda que o mes de agosto corresponde co período de vacacións nos xulgados, foron moitos e numerosos os novos casos atribuíveis á presunta trama para a tramitación e cobro de axudas para labouras forestais que se ten detectado na Costa da Morte.
Asi o número de parroquias afectadas aumenta, e concellos como Vimianzo, que presentaba apenas uns poucos casos, poderían estar afectados coa intensidade da veciña Dumbria, que a dia de hoxe recolle a maior parte das denúncias apresentadas.
Neste período teñen aparecido, como diciamos, novas solicitudes de subsídio para estas labouras forestais que responden ao mesmo patrón das xá denunciadas. Mesmo voltan a aparecer persoas falecidas que mesmo chegan a “pagar” facturas meses despois do seu pasamento. Ademais de situacións coma esta, algun dos novos expedentes denunciados recollen outras importantes deficiencias, que non impediron a súa aprovación por parte da Administración. Estos novos casos aportan supostas actuacións nas que, dependendo do técnico que realice a visita de campo, as parcelas incluídas son unhas ou outras, independentemente das que figuren na solicitude de axuda, polo que as superficies medran e minguan sen que a ninguén na Administración lle resulte extraño.
Mais curiosa tamén resulta a inclusión de parcelas a nome de particulares e que, segundo resulta da información facilitada por Catastro, pertencerian a distintas empresas da comarca, entre elas a eólica Eurovento. Igualmente cuestionável é a inclusión de parcelas que, segundo o regulamento que fixa estas axudas, non poderian ser subsidiáveis: lembremos que estas subvencións estaban destinadas a superfícies que non estiveran previamente forestadas, e asi se reflectiu nalgunha das inspeccións de campo realizadas, nas que os técnicos toparon com grande cantidade de toros e restos forestais. Mas com um simples escrito remitido pólos solicitantes da mesma, esas parcelas ficaban recoñecidas como incultas ou non suxeitas a aproveitamento forestal prévio.
Todas estas imprecisións (por chamarlles dalgunha maneira) fan sospeitar que, desde logo, alguen non fixo ben o seu traballo, ou iso queremos pensar e asi o temos denunciado publicamente con anterioridade. Novamente os afectados e afectadas, organizados boa parte deles e delas arredor da FRUGA, reclaman que a Xunta do PP deixe de eludir as suas responsabilidades e colla, como se di vulgarmente, “o touro polos cornos” para aclarar estas actuacións polo ben de todos e todas, máxime nuns tempos complicados de retallamentos e supresións de ditintos servizos e actuacións públicas, mentras parez que alguns teñen “patente de corso” `para facerse con fondos públicos de maneira presuntamente fraudulenta para o seu lucro, utilizando aos viciños e viciñas para estes espúreos fins.
Para abordar estes asuntos a FRUGA vai celebrar unha asemblea cós afectados e afectadas o vindeiros martes, dia 18, no restaurante Pastoriza de Vimianzo. Á mesma asistirá convidade Tereixa Paz, portavoz do BNG no Parlamento galego en matéria agrária, que xá se ten interesado con anterioridade por este asunto coa presentación de ditintas preguntas na Comisión de Agricultura do citado organismo autonómico