Afectad@s pola “presunta” trama das subvencións forestais na Costa da Morte amosan o seu malestar pola actitude da Xunta do PP

Vari@s afectad@s están sendo requerid@s para que realicen a limpeza dos montes que foran obxecto de subvención sen o seu coñecemento

En cinco anos ninguén se dirixiu a eles para comprobar a realización dos traballos ou, simplesmente, a veracidade dos dados que figuraban nas solicitudes

A Deputada do BNG Tareixa Paz, portavoz nacionalista co Parlamento en materia de agricultura e montes, deu conta das súas accións no Parlamento a respeito deste asunto

Cee, 20 de setembro de 2012.- Na tarde noite deste martes, ao redor de 50 afectad@s pola trama na solicitude e adxudicación de axudas forestais na Costa da Morte e Soneira reuníronse en Vimianzo para abordar as últimas novidades relativas a esta presunta fraude, asi como para coñecer de de primeira mao as accións parlamentares levadas a cabo desde o BNG para o esclarecimento deste asunto. Asi a intervención de Tareixa Paz, portavoz do BNG en asuntos agrarios e forestais, despertou a indignación dos e das presentes ao saber que a persoa designada pola Conselleira era o secretario xeral tecnico nada menos que do Mar, e que a súa única resposta a todas estas interpelacións foi a xa coñecida fuxida para diante de que, a efeitos administrativos as axudas foran devidamente solicitadas, xustificadas e concedidas e que, en todo caso, seria o proceso xudicial aberto o que teria que esclarecer se houbo algun tipo de irregularidade, malia a insistencia da Portavoz Parlamentar na necesidade de colaboración da Xunta coa xustiza para aportar todos os dados necesarios que leven a esclarecer estes feitos.

Visitas dos Axentes forestais a domicilios de denunciantes.

Outro feito que destacaron numerosas persoas vítimas desta situación é o repentino interese do Distrito Forestal en localizar aos propietari@s (ou supost@s propietari@s) das parcelas incluídas nos expedientes denunciados para certificar a relización dos traballos de mantimentos das plantacións subsidiadas. Curiosamente tentan contactar con eles e elas “de volta” de teren feito a inspección (lembremos que, regulamentariamente, a inspección ten que facerse na súa presencia), e despois de que nestes anos ninguen se dirixira a eles e elas para nada, algo que desata aínda mais o enfado e malestar das persoas afectadas.

Camapaña de presentación de mocións nos Concellos e entrevista co Fiscal Superior de Galiza.

Deuse conta tamén da campaña iniciada para solicitar o apoio das distintas corporacións municipais na comarca, consistente na presentación dunha moción ao pleno municipal que, ademais de recoller o apoio ás vítimas da fraude, insta á Xunta a colaborar coa xustiza pondo à sua disposición a totalidade de expediente que puideran incorrer nas mesmas circunstacias que os xa denunciados, e o contacto coas presuntas vítimas por parte da Administración para comunicarlles a súa posíbel afección por este entramado. Asi, das tres mocións apresentadas, nos concellos de Dumbria, Muxia e Corcubión, só este último levou a pleno a oción, sendo rexeitada cos votos en contra do partido no poder,o PSOE, a abstención do PP e o apoio tansó do BNG.

Tamén se comunicou  a solicitude de entrevista co Fiscal Superior de Galiza para abordar con el este asunto e coñecer de primeira mao o estado de instrucción da causa xa aberta co Xulgado de Corcubión contra a empresa forestal que tería arguido e beneficiado desta trama.