Usos alternativos e sustentabilidade, pezas fundamentais para o desenvolvimento dunha actividade agraria de futuro e con futuro
Lugo, 7 de novembro de 2012.- O mes de outubro foi especialmente prolífico no que a actividades formativas se refire na Montaña e Centro de Lugo. Con un carácter fundamentalmente prático e o obxectivo de fomentar a sustentabilidade das nosas actividades agrogandeiras, celebráronse nada menos que catro cursos con numerosa e animada presencia de homes e mulleres do rural comprometid@s con outra forma de agricultura e outros usos dos nosos montes. Asi tres destes cursos foron focados a expor outras orientacións produtivas sustentábeis no noso territorio: usos sustentábeis do monte, fruticultura, compostaxe e micoloxía, celebrados, respectivamente, en O Corgo, a Fonsagrada e Friol.
A estas tres actividades formativas acompañounas unha outra de Agricultura Ecolóxica celebrada en Negueira de Muñiz.