FRUGA lanza a sua campaña mobilizadora no sector lácteo, que se verá acompañada de asembleas e reunións nas distintas comarcas leiteiras galegas
Frente às posicións sucursalistas que continuan a ollar para Madrid como nai das solucións, e non dos problemas, FRUGA propón un Ámbito Galego de Negociación
Compostela, 20 de novembro de 2012.- Mentras boa parte do sector continua a laiarse da dificil situación na que se atopan a maior parte das gandeirias do País, a Federación Rural Galega – FRUGA dá un paso mais adiante para pór sobre a mesa as nosas propostas. Unhas propostas que pasan fundamentalmente por facer da defensa do noso sector leiteiro unha causa nacional que poña dunha vez Galiza no centro do debate e que sirva para buscar unha solución galega a esta situación na que son precisamente as nosas explotacións as que están a padecer os prezos mais baixos do Estado.
Así o estabelecemento dun Fondo de Resgate para explotacións e cooperativas, o estabelecemento dun Ámbito Galego de Negociación, a recuperación do Banco de Terras, ou o impulso e costitución do Grupo Lácteo galego, ademais da necesaria implicación da Xunta de Galiza, ausente ate o dia de hoxe das suas responsabilidades para co sector, conforman o groso das medidas urxentes para un sector que foi clave no pasado, é-o no presente e débeo ser no futuro do rural galego.