Xornada sobre as Loitas Agrarias en Trasliste

Díptico das Xornadas

Desde as terras do Sr. Xulian reviviremos a loita contra a cota empresarial, os foros ou a cota do leite

Lugo, 26 de novembro de 2012.- O vindeiro sábado, dia 1 de decembro a Federación Rural Galega – FRUGA organiza esta Xornada para lembrar aquelas loitas que no século pasado marcaron a rota do sindicalismo agrario nacionalista. Unhas loitas e uns sacrificios que fan da nosa organización lexítima heredeira, orgullosa de selo e obrigada a difundir unha parte da nosa historia nacional, irrenunciábel, e mesmo épica por momentos, e que será revivida en Trasliste xunto con actores e actrices daqueles dias asi como por aquelas persoas que nos últimos anos estudaron e analisaron uns sucesos que fan que a FRUGA sexa hoxe o que é: a organización nacionalista dos labregos e labregas deste País que non estamos dispostos/as a renunciar á nosa historia nen ao noso futuro como organización soberana do rural galego cos pés espetados na terra que nos viu nacer.

A asistencia á Xornada non precisa de inscripción, mais si para o xantar, polo que tendes que confirmar asistencia a mais tardar o xoves 29, no telefone 681.027.859

Podes acceder ao díptico en formato pdf no seguinte enlace: FRUGA_díptico_xornada_LLAA