Beber do País, tamén en nadal

A Asociación Galega de Viticultura – FRUGA lanza unha campaña de promoción e venda direta de viños galegos das distintas DOs e IXPs

Se ainda non sabías que perdirlle ao Apalpador…

Compostela, 14 de decembro de 2012.- A AGV- FRUGA lanza unha campaña para que nos fogares galegos non falte o viño do País nunhas festas nas que é habitual que se consuman viños doutras latitudes. Asi nos distintos lotes ofertados que podes consultar no seguinte catálogo actualizado está incluida unha garrafa de viño escumoso do País.

Os viños que ofrecemos corresponden a máis de 50 adegas espalladas polas diversas ribeiras do país, coas súas castes e xeitos de elaboración diferentes. Ofertamos lotes con viños brancos e tintos, do litoral e das costaneiras interiores, da montaña e do val, dos colleiteir@s e das cooperativas, viños de autoría persoal ou colectiva. Viños da tradición, da modernidade e novedosos no mercado, e para a sobremesa un brinde cun viño escumoso brut galego. Haberá tamén unha oferta de licores variados que se encomendarán aparte. Os viños e licores irán perfectamente gardados en caixas para o seu transporte.
Os pedidos dos lotes os facedes no email agv@fruga-galiza.org , tedes ata o día 18 de decembro do 2012 para confirmar, no día 19 mércores os recibiredes no voso local da FRUGA que máis cerca teñades, ou tamén en locales colaboradores da CIG e FORGA. Cando recollades o lote facedes efectivo o importe sinalado.

Compostela no local da FRUGA en Rúa Paris 9A5 ºB Área Central
Lalín no local da FRUGA na Rúa Areal 1, 1º
Lugo no local do Edificio Sindical Ronda da Muralla 58 2º andar
Verín no local da FRUGA en Rúa Espido
Ribadavia na Praza Samuel Eiján Casa Sindical
Vigo no local de FORGA na Avda do Aeroporto 92 1º
Pontevedra no local da CIG Médico Ballina 14 baixo
Ourense no local da CIG Praza San Lázaro 124º
Carballo no local da CIG, Rio Sil 52
Cee no local da FRUGA, Rúa O Son s/n baixo