Organizacións agrarias “acomodadas” crian confusión para non asumir as suas responsabilidades
Compostela, 28 de xanerio de 2013.- Tras as manifestacións emitidas a semana pasada por dúas organización agrarias, nas que solicitan a petición da reunión da mesa do viño e a solución dos incumprimentos de pago na colleita de uva da pasada campaña, que na opinión da FRUGA ocasionan un estado de confusión sobre a realidade dos problemas que se dan na DO Rías Baixas. É por isto que hai que facer as seguintes puntualizacións:
1. Os pagos pendentes a viticultores-as con contrato homologado asinado para a campaña do 2011 deben ser resoltos segundo o contemplado no propio contrato, no que están establecidos uns prazos de pagamento e as responsabilidades das partes asinantes en caso de incumprimento. As bases do contrato están garantidas polo respaldo e arbitraxe dunha Comisión de Seguimento na que participa a propia administración xunto coas organizacións agrarias e os representantes da industria.
2. As organizacións Unións Agrarias e SLG forman parte da Comisión de Seguimento do Contrato de Rías Baixas, e polo tanto deben procurar nese órgano a solución do problema dos compromisos de pago, que por tanto non corresponde á Mesa do Viño. Así mesmo non
poden ser publicitados os problemas de pago dalgunha adega en particular entanto non o aborden na dita Comisión de Seguimento.
3. A FRUGA ten coñecemento dun problema de pagos nas uvas que quedaran fora de contrato no 2011 como na campaña 2012 no que non houbo acordo de prezos, neste sentido, ao igual que se actúa en problemáticas semellantes noutros sectores económicos, a Administración,
nomeadamente a Consellería do Medio Rural e Mar, ten de procurar solucións para o conxunto do sector vitivinícola que impidan unha situación de conflito que ninguén desexa.