A FRUGA denuncia un modelo mineiro “colonial e devastador” que pretende aproveitarse da desesperación provocada pola crise económica, e que rematará co expólio de millons de euros que xacen no subsolo
A FRUGA chama aparticipar na manifestación que terá lugar o vindeiro domingo, en Coristanco, organizada polos/as veciños/as de Valenza e Cereo
Carballo, 15 de febreiro de 2013.- Desde a Federación Rural Galega – FRUGA ollamos con preocupación esta especie de “febre do ouro” que parez percorrer o país de cabo a rabo, con declaracións tan gráficas como que “Galiza é unha mina”, en boca do propio Presidente da Xunta de Galiza.
Asi e como primeiro paso de quen pretende convertir Galiza nunha grande explotación mineira a ceo aberto, a Xunta acaba de dar o visto bó ao primeiro destes proxectos: a mina de Corocoesto.
Piratas canadenses no século XXI
A empresa promotora desta actuación, Edgewater, é unha vella coñecida destas práricas depredadoras en medio mundo. En Corcoesto pretenden arrasar mais de 773 hectáreas de terreo rústico para instalar esta megamina. A minaria a ceo aberto é unha actividade de grande impacto no territorio. É unha actividade que consome inxentes cantidades de auga e enerxia, e que manexa substancias tóxicas, como o cianuro, que poden ter graves consecuencias para a saude humana e o medio en xeral: só deste veleno a empresa informa que consumirá ao redor de tonelada e media diária, que irá a parar (lixiviados aparte) às balsas e escombreiras da explotación. Proxectos deste tipo eran até o de agora habituais en paises do chamado terceiro mundo, onde probocan o desplazamento forzado de milleiros de persoas fuxindo dunhas terras convertidas en inertes no nome do progreso. É precisamente agora que moitos deses paises saqueados por estas multinacionais da especulación comezan a conquerir a súa soberania real (Bolivia, Ecuador,…) , e aproveitando a grave crise que estamos a padecer na Galiza, que os novos piratas poñen o ollo en nós para continuar coa sua actividade devastadora. Os habitantes daquelas rexións son enganados, igual que aquí, con falsas promesas que falan da creación de centos de postos de traballo en inmellorabeis condicións, e que logo se traducen nuns poucos contratos, moitos dos casi son parqa técnicos especializados alleos às zonas onde se desenvolven os proxectos.
Explotacións e actividade agro gandeira condeada a morte
Este modelo de minaria é incompatible co aproveitamento gandeiro e agrario do solo. Non só se verán afectadas as dúcias de explotacións inseridas na zona do proxecto: centos delas verán as suas augas contaminadas, asi como o ar, e como noutras zonas do planeta, as suas producións non poderán ser comercializadas polas altas concentracións de substancias nocivas. Ademais das explotacións comerciais, o autoconsumo que en non poucos casos axuda a sobrelevar o periodo de crise no que vivimos desaparecerá e axudará a agudizar ainda mais a difícil situación de centos de familias na comarca bergantiñá.
Modelo neocolonial e gobernantes a soldo do grande capital
A actuación dos gobernantes da Galiza, en especial a di seu máximo responsábel e Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, recorda mais à do presidente dunha república bananeira que o dun País inserido na Europa “moderna”. Non só antepón intereses dunha empresa extranxeira aos dos habitantes da zona afectada, senon que subvenciona e financia con fondos públicos (até o de agora 200.000 euros para “estudios e catas”) o expólio da riqueza mineira que subxace no subsolo galego. Mentras nos paises do noso entorno mais inmediato materiais como o ouro e outros cualificados como “materiais tecnolóxicos” son protexidos e diretamente explotados polo estado, aquí son entregados entre reverencias aos piratas ambientais que asi o soliciten, utilizando a pior e mais agresiva técnica de extracción.