FRUGA presenta bateria de alegacións ao proxecto mineiro de Xinzo da Limia

O proxecto denominado “Faramontaos nº5089.1” está situado xusto sobre os terreos da comunidade de regantes “Corno do Monte”

Obvia que os terreos afectados están cualificados como de Especial Interese Agrario

Xinzo, 23 de febreiro de 2013.- Se hai uns dias tocáballes aos veciños e veciñas de Bergantiños manifestarense contra o proxecto mineiro de Corcoesto, a febre mineira que parez ten contraido o governo do PP desata as alarmas na comarca da Limia. Así e tras a Resolución da Direción Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 30 de novembro do ano pasado,  o 17 de xaneiro procediase á publicación no DOG do dito proxecto para a sua información pública.

Terras labregas expoliadas, miseria garantida

O proxecto mineiro afecta numerosas parróquias e centos de hectáreas adicadas ao cultivo. Ademais obvia a existéncia de numerosos restos arqueolóxicos e, como ben xa sendo a tónica habitual neste tipo de proxectos, promete centos de postos de traballo nunha comarca, outravolta, especialmente deprimida economicamente e na que  planea incesante a pantasma da emigración. Precisamente a actividade agrária, principal motor económico da comarca, será o mais afectado por este proxecto, polo que o que se está a propór para a Limia é a súa destrucción e a sua total dependencia dunha actividade que vai arruinar definitivamente o medio natural da zona

A FRUGA, cos veciños e veciñas, na defensa dos nosos setores produtivos, contra a colonización

O sindicalismo agrario nacionalista estivo e estará sempre a carón da viciñanza da comarca na defensa do territorio, na primeira liña frente a quen pretende convertir o País nunha gran canteira a ceo aberto onde as multinacionais auspiciadas polo capital trasnacional especulativo campen às suas anchas espoliando sen pudor as nosas riquezas, deixando tras de si cascallos e terras ermas, povoacións desprazadas e mozos e mozas percurando na emigración o pan que os  governos do PP nos negan na Nosa Terra.