Promoción dos viños galegos en Lugo: de cata coa FRUGA

Desta volta será a popular zona de viños da Milagrosa quen acollerá a iniciativa da AGV – FRUGA

É unha actividade gratuita mas con prazas limitadas

Lugo, 5 de marzo de 2013.- A Asociación Galega de Viticultura (AGV) – FRUGA,  en colaboración coa Asociación de veciños de A Milagrosa e co apoio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, organiza unha cata de viños galegos os días 12, 13 e 14 de marzo
en horario de 19:00 a 21:00 na Taberna de Marcos, rúa da milagrosa nº 64.  Esta actividade ten praza limitadas e é gratuíta  previa inscrición neste enderezo de correo electrónico (lugo@fruga-galiza.org) ou nos teléfonos 982 815 678 – 681 027 859. Esta acción é a primeira dun total de tres catas de viños galegos que se realizarán na cidade de Lugo. Se tés interese en participar, apura-te en contactar con nós.