Lugo, 7 de marzo de 2013.- Este venres día 8 de marzo, ás 21:30 no hotel Alfonso IX de Sarria, a Federación Rural Galega-FRUGA organiza a presentación e proxección do libro-DVD A Terra sabe a loita, escrito por Emilio López Pérez. Este libro é unha ferramenta fundamental para achegarse a algunha das pasaxes mais épicas da resistencia labrega às continuas agresións que ten sufrido o noso agro nos tempos mais recentes, asi como para entender a evolución organizativa que deu como resultado precisamente a criación da FRUGA como organización sindical agrária do nacionalismo galego.