Máis dunha ducia de asembleas nas comarcas agrarias de Galiza nas que tamén se falará das novidades da tramitación das axudas neste ano 2013 e da situación xeral do sector lácteo.
Compostela, 14 de marzo de 2013.- Neste momento estase a debater na Unión Europea as bases que definirán as axudas da PAC para o período 2014-2020, isto, unido ás decisións que tamén vai tomar o Ministerio de Agricultura, decidirá as axudas que cobrarán as granxas galegas nos vindeiros anos.
As propostas dominantes son, de maneira xeral, as de continuar cuns prezos agrarios sen regulación pública que favorecerían os prezos baixos e o afondamento nas axudas sen ter en conta a produción. No concreto, eliminaranse as cotas no leite, seguirán cobrando axudas xente que non vive da agricultura e o cálculo dos pagos da maior parte das axudas farase en función da superficie.
Unha delegación de FRUGA participou recentemente nun seminario en Bruxelas, convidada polo BNG, sobre o futuro da reforma da PAC onde obtivemos de primeira man información sobre a futura PAC. É por iso que vamos desenvolver unha campaña informativa na que daremos conta de cales son os eixos fundamentais da reforma e as afectacións para Galiza. Aproveitaremos tamén para dar conta dos cambios na tramitación da Pac deste ano 2013 e da situación xeral no sector lácteo.
Ás asembleas xa confirmadas son as seguintes:
Xoves 14 de marzo: Taboada, Casa da Cultura ás 12:00 h.
Venres 15 de marzo: Vilalba, local dos sindicatos ás 12:00 h.
Venres 15 de marzo: Vimianzo, Sala Caribe ás 11:30 h.
Luns 18 de marzo: Urdilde, restaurante “O Chacho” ás 11:30 h.
Xoves 21 de marzo: Friol, Centro social ás 12:30 h.
Xoves 21 de marzo: Becerreá, Casa da Cultura ás 20:30 h.
Venres 22 de marzo: Sarria, Casa da Cultura ás 12:00 h.
Venres 22 de marzo: Mazaricos, Casa da Cultura ás 11.30 h.
Xoves 4 de abril: Meira, Casa da Cultura ás 16:00 h.
Fican por confirmar as datas e lugares das asembleas de Ordes, Arzúa e Lalín.