Concentración na Coruña denunciando a pasividade da Xunta no caso da fraude forestal

Cee, 21 de marzo de 2013.- Tal e como anunciabamos na rolda de prensa que celebrou a FRUGA o pasado dia 18, e na que parciparon ao redor dunha vintena de afectad@s, no dia de hoxe unha representación d@s denunciantes demandaron diante da delegación provincial da Xunta a asunción das responsabilidades que até o de agora pretende esquivar.

Asi no trascurso da concentración, unha delegación d@s presentes rexistrou un escrito dirixido à Conselleira Rosa Quintana demandando a investigación de xeito inmediato por parte da consellaría de todas as solicitudes de subvencións forestais que poideran corresponder co padrón das denunciadas, ademais de estas mesmas, toda vez que a dia de hoxe a única resposta que está a dar a respeito deste asunto é que, a efeitos “administrativos”, non ten detectado anomalia algunha nas solicitudes denunciadas, aludindo sempre à investigación xudicial aberta como escudo para evitar precisamente esa investigación administrativa, o cal senta como un autentico insulto às persoas que a dia de hoxe ainda figuran como beneficiari@s dunhas axudas que endexamais viron diante e das que nunca se beneficiaron.

Ademais solicitouse, toda vez que os cartos presuntamente defraudados proceden das arcas públicas e dos orzamentos da propria Xunta, a persoación da mesma na causa aberta no Xulgado de Corcubión, para asi velar e defender polo bon uso deses fondos públicos que dúcias de persoas denuncian foron xestionados dese xeito presuntamente fraudulento.

Visita à Fiscalia Provincial

Durante a mañá, outra delegación achegouse à Fiscalia a interesarse pola solicitude de entrevista tramitada pola FRUGA hai xá seis meses coa Fiscal Xefa Provincial. Nas dependencias xudiciais fomos informad@s da pronta celebración dese encontro, solicitado a instancia do Fiscal Superior de Galiza, primeira instáncia à que se dirixiu a FRUGA .

Apoio do BNG

Até a concentración achegouse a portavoz parlamentar en materia agraria do BNG, Tereixa Paz, que xa se tiña interesado anteriormente por este asunto, tanto recibindo a unha delegación de afectad@s en sé parlamentar como dirixindo distintas preguntas na Comisión Parlamentar solicitando aclaracións da Consellaria neste asunto e a investigación da presunta fraude denunciada e o alcance que poidera ter na Administración.