As Xornadas, que se desenvolverán os dias 6 e 7 de abril, darán un repaso ao despoboamento do medio rural
Participa: o prazo de inscripción está xá aberto
Compostela, 27 de marzo de 2013.- Estas Xornadas, organizadas desde o GDR Avinza, e das que FRUGA participa activamente, servirán tanto para diagnosticar as causas do despoboamento como para aportar algo de luz sobre un fenómeno que leva décadas ameazando o futuro do noso medio rural. O despoboamento do medio rural galego é un feito incontestábel que ameaza o futuro de moitas comarcas galegas. Son multiples as causas que orixinan esta situación e que determinan unha realidade que moitos e moitas queremos combatir. Fronte a quen da por inevitábel a situación queremos debatir e analisar as causas do problema e procurar alternativas a desenvolver na realidade rural galega. Para debater estas alternativas e analizar as causa da problemática imos desenvolver unhas xornadas de debate o 6 e 7 de abril no Fogar do Maior en Allariz, organizadas polo GDR Avinza e nas que FRUGA colabora intensamente. Animámoste a participar con nós neste debate e nesta procura.
As xornadas iniciaranse o sábado 6 de abril ás !10:30 h. cunha presentación das xornadas a cargo de Francisco García, alcalde de Allariz e Presidente de Avinza GDR-15, e Xurxo Álvarez, Presidente de FRUGA.
Ás 11:00 h desenvolverase a primeira palestra co título de Despoboamento rural galego. Punto de partida para a análise, Onde Mar Pérez Fra, Eduardo Corbelle Rico e Mª Xose Rodríguez Galdo, ensinantes da USC nos introducirán na problemática do despoboamento rural.
Ás 12:30 h celebrarase a seguinte palestra centrada no desenvolvemento rural, os servizos públicos e a diversidade, na que contaremos coa presenza de Xosé Manuel Puga, xerente do GDR Vieiro Laboreiro, Xesús Diz Romai, mestre no Barco e Pilar Gallego, concelleira de Benestar Social en Allariz.
Ás 16:30 h. despois do xantar teremos unha palestra adicada á actividade económica como elemeto imprescindíbel para facerlle fronte ao despoboamento, coa participación de Secundino Fernández, responsábel da Oac de Viana do Bolo, Xan Rodríguez, xerente de Leyma Natura, Mª Dores Ramos do Mesón Campa da Braña dos Ancares e Antonio Corbillón de Hortalizas Corbillón na Bola.
Ás 18:00 h. presentaremos a Alianza por un Medio Rural Galego Vivo, coa intervención dunha representanción de cada organización: FRUGA, Adega, CIG e Orgaccmm.
E para rematar a xornada do sábado ás 19:30 h teremos a ponencia sobre o Territorio Avinza na realidade galega, desenvolta por Eva González coordinadora do GDR15 Avinza.
O Domingo 7 de abril a partir das 11:00 h. visitaremos distintos proxectos postos en marcha en Allariz como exemplo de alternativas para facerlle fronte ao despoboamento rural: Ecoleia, explotación de leite ecolóxico, San Salvador dos Penedos coa Asociación Andrea e O Rexo, queixería e Espazo de educación ambiental.
Non dubides en participar con nós. Anotarse no correo electrónico: xornadas@avinza-gdr15.com ou nos teléfonos 699116776, 608692403.
Para participar no xantar ingresar 15 € (un único xantar, o do sábado ou o do domingo) ou 30 € (os dous xantares, sábado e domingo) antes do 4 de abril no seguinte número de conta de La Caixa: 2100-4751-13-0200085262 facendo constar nome de ordenante e no concepto: xornadas Allariz. Posteriormente mandar correo electrónico dando conta do ingreso.