Xornadas de Allariz: o noso medio rural ten futuro

Perto do centenar de persoas participan dunhas xornadas, organizadas polo GDR Avinza e nas que colaborou activamente a FRUGA

Compostela, 8 de abril de 2013.- Se o sábado foi o dia das palestras e mesas redondas, o domingo serviu para comprovar “in situ” como con vontade e políticas centradas no País, o fenómeno do despoboamento pode ser combatido e mesmo derrotado. Asi estas Xornadas, lonxe de servir de conclusión a respeito dun debate crucial para o noso futuro colectivo, marcan un ponto a seguir e mesmo reafirman a necesidade de continuar no debate e no estabelecemento de alianzas, mas tamén na necesidade de pór en marchas proxectos sustentábeis, viábeis e destinados a re-ocupar o territorio. Allariz, exemplo recoñecido internacionalmente destas políticas, foi o marco ideal para demostrar que lonxe de grandes investimentos e actuacións desmesuradas, pequenas actuacións poden supór  a recuperación de lugares avandonados, a implantación de novas actividades económicas ou a sua reconversión cara modelos mais sustentábeis. Estas xornadas deixan entón unha fiestra aberta à esperanza e á ilusión, mais tamén ao traballo e á loita por un medio rural galego vivo e con futuro.