Foi a iniciativa da Comisión agraria do Parlamento galego, e na mesma participaron representantes de todas as forzas políticas parlamentares
Compostela, 18 de abril de 2013.- Na mañá de hoxe unha delegación de afectados e afectadas pola presunta fraude organizada na Costa da Morte entorno à xestión de axudas forestais , às que acompañaba Gabriel López, coordenador da FRUGA na Costa da Morte, reuniuse co Secretario Xeral da Conselleria do medio Rural, Tomás Fernandez Couto. Na mesma, ademais de atender às explicacacións, que , por primeira vez, daba a Administración Autonómica aos afectados/as por esta fraude, éstas poideron expor en primeira persoa a situación na que se atopan logo de mais de un ano de denuncias (algunhas van xá dous que se teñen presentado) sen que, até hoxe, a Adminitración emitirá declaración algunha de comprimiso coa investigación do problema e a defensa das vítimas.
Recurrentes críticas à actuación de Axentes Forestais
No transcurso da xuntanza, e malia o intento por parte de Fernández Couto de situar o asunto no plano estrictamente xudicial e ao resultado da investigación en curso nos Xulgados de Corcubión, foron moitas as voces que apuntaban à necesaria colaboración de funcionarios públicos, toda vez que traballos certificados como realizados nunca se terian efectuado. Os afectados chegaron mesmo a apresentar fotografías de predios que terian cobrados axudas de plantación cando nos mesmos non existe nen un triste Piñeiro.
Extrañeza pola falta de imputación fiscal das axudas aprobadas
Outra das cuestión que preocupan especialmente aos afetados e afetadas pola presunta fraude, é a imputación fiscal das axudas que figuran como percibidas polos denunciantes: a dia de hoxe, ainda que serian de obrigada declaración da liquidación anual do IRPF, e deberían figurar entre os dados facilitados pola Axencia Tributaria para a confección do imposto sobre a renda. Este aspecto despertou extrañeza entre os representantes da Administración e fai pensar na implicación de outras administración na ocultación destas actividades (lembremos que tanto entidades bancarias como a propia Oficina de Correos de Vimianzo terian servido para que as vítimas da trama non tuveran coñecemento da súa implicación nestes feitos).
Compromisos por fin, mais seguiremos vixiantes
Perante a presión dos viciños e viciñas da Costa da Morte, asi como do coordenador da FRUGA, Fernadez Couto comprometeuse a comprobar a totalidade de expedientes que poideran incorrer na mesma situación que os denunciados (os dados facilitados polo Secretario Xeral poderianse corresponder só cos denunciados, e poderian existir outras solicitudes que a dia de hoxe ainda non se terian denunciado), asi como a comunicar às presuntas vítimas a sua a súa posible utilización nesta fraude.
Ademais, e logo das discrepancias demostradas entre algunas certificacións de actuacións e os traballos realmente realizados, a Administración poderia ordenar unha nova inspección de campo para aclarar estas supostas irregularidades.
No tocante a unha suposta reclamación da devolución das axudas às persoas que sen telas percibido figuran como beneficiarias, o Secretario Xeral da Coselleria aclarou que non se lle reclamará devolución algunha se finalmente resulta que, e tal como denuncian as vitimas, a sua identidade foi suplantada e utilizada ao chou para repartir predios mesmo de persoas que non autorizaran actuación algunha à empresa que teria argallado esta trama.
Ademais, e ante a insistencia dos vecinos, a FRUGA e a portavoz en materia agraria do BNG Tereixa Paz, a Conselleria estuda persoarse como acusación no proceso aberto no Xulgado de Corcubión, xa a principal defraudada seria a propia Administración, ademais de ser precisamente a Administración quen ten que velar pola defensa dos administrados e adminitradas, neste caso, as vítimas dunha fraude cuxa dimensión a dia de hoxe parece que ainda se descoñece.
Estos compromisos van na liña do demandado pola FRUGA nas distintas comunicacións e solicitudes de entrevista (nunca contestadas) enviadas a Rosa Quintana, Conselleira do Medio Rural.
Desde a Federación Rural Galega non podemos mais que agardar a execución dos compromisos arrincados hoxe, amais de felicitar a insistencia e determinación dos veciños e veciñas que se levan movilizando desde hai mais dun ano e que agora comezan a ver o resultado das suas protestas.