Comprimiso nacionalista na defensa do noso medio rural

FRUGA e BNG reúnense en Compostela para analisar conxuntamente a situación do medio rural e reforzar a alianza na defensa dun agro galego vivo e con futuro

Compostela, 24 de abril de 2013.- Na mañá de onte, a delegación da FRUGA, encabezada polo seu presidente, Xurxo Álvarez, ao que acompañaba o responsábel dos sectores gandeiros, Elias Somoza, reuníase con Portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e a Secretaria de defensa do territorio da Executiva do BNG, e membro da Dirección Nacional da FRUGA, Mar Vila López.

Reforzando lazos e apoios mútuos

Tanto o BNG como a FRUGA enfatizaron a necesidade de colaborar, e asi se comprometeron ambas delegacións, na defensa do noso medio rural.

Trataronse asi temas de vital interese para a cidadania, como é o desmantelamento dos servizos públicos, parello ao constante avellentamento da poboación. Situación esta que fai que, ademais do traballo nas explotacións, os labregos e labregas teñen que cargar nas suas costas con situacións que en moitos casos precissan de profisionais, como é a atención das persoas maiores, en moitos casos en situación de dependencia.

Ademais, e entrando no terreo do estrictamente agro-gandeiro, a FRUGA trasmitiu a sua preocupación pola situación de incertidume e desprotección que se vive en sectores como o viño, onde os contractos homologados pasaron ao caixón dos recordos e que proboca situacións tan graves como que haxa produtores/as que levan a dia de hoxe até dous anos sen cobrar as uvas entregadas.

No tocante ao sector lácteo, a situación non pode ser mais crítica, coa crise xá permanente dos prezos à baixa e o novo “mazazo” que supón o peche dunha outra empresa, neste caso Alimentos Lácteso, e todo a situación criada en torno ao proxecto “estrela” do Partido Popular para o sector leiteriro galego.