Primeiras detencións da “Operación Forest”: a FRUGA segue a exixir a investigación “a fondo” na Administración Autonómica para depurar calquera responsabilidade

 

As detencións confirman o denunciado polos viciños e viciñas que levan mais de un ano denunciando unha fraude agora por fin recoñecida pola Xunta

Cee, 24 de abril de 2013.- Desde a Federación Rural Galega queremos, en primeiro lugar, felicitar a perseverancia e a firmeza dos e das vítimas dunha fraude que, a dia de hoxe, ten nome, e que coas primeiras intervencións e detencións agardamos sexa o primeiro paso cara a desmadexar unha trama da hoxe ainda descoñecemos o alcance real, mais podemos intuilo.

Estas primeiras detencións, ademais, rematan coa impunidade da que presumían alguns dos detidos, unha suposta impunidade que utilizaban para amedrentar a aqueles/as que no último ano veñen a denunciar un entramado fraudulento no que se viron inmersos/as e que poderia afectar ainda a numerosas persoas que seguen sen coñecer a súa utilización nesta complexa trama.

Faltanlle pés ao banco…

Ou non están todos os que son, mais si son todos os que están. Á espera do retorno à Galiza do empresario Maceiras (que supomos será inmediatamente detido), as detención de hoxe recaen sobre parte dos presuntos responsábeis do entramado mafioso, todos eles sinalados en numerosas ocasións por esta organización sindical. Mais o anuncio de que haberia novas detencións nos vindeiros días dan a entender que outro dos “pes” da trama (a propia Adminitración) poderia ser tamén obxecto de detencións, toda vez que reiteradamente os e as denunciantes teñen declarado que moitas das actuacións subvencionadas non se terian realizado, ainda que figuraran certificadas como feitas pola Xunta.

De comidas, lebres e dias de festa

Se de algo ten fachendeado parte da trama agora detida e o que está por caer e da boa relación (por chamarlle de algun xeito) que mantiñan con altos cargo do PP. Nun entorno reducido, como é a Costa da Morte, coches oficiais e paparotas en coñecidos restaurantes non pasan desapercibidos e recordan en boa maneira outros casos de corrupción e mesmo finaciamento irregular dalguns partidos que agora están no debate diario con casos como o Gurtel, os papeis de Bárcenas ou incluso as “amistades perigosas” do presidente Feijoo.

Lembrete à Administración Autonómica dos compromisos de Tomas Fernández Couto

Ainda estando relativamente satisfeitos co inicio da acción xudicial contra a presunta trama mafiosa, non podemos esquecer que a Xunta ten a obriga de esclarecer internamente o acontecido para que esta fraude se levara a cabo (ninguen, por exemplo, a dia de hoxe é quen de explicar como é que os dados sobre as subvencións concedidas non chegaba a Facenda, ou de cómo se certificaban actuacións que non chegaban a realizarse), e depurar as responsabilidades às que hovera lugar. Só asi se estaría demostrando o definitivo posicionamento coas vítimas da trama nun asunto escuro que salpica mais alá de empresas e bancos.