A sociedade galega di non à minaria colonial e contaminante

Milleiros de persoas ateigan as ruas de Compostela pedindo a paralisación dos proxectos

A FRUGA participa activamente na manifestación e considera prioritario na organización a oposición a este modelo mineiro

Compostela, 3 de xuño de 20132.- O pasado domingo a sociedade galega manifestou o seu rotundo rexeitamento ao modelo colonial e contaminante de minaria que o PP ten reservado para Galiza. Na que foi unha das primeiras mostras de forza da sociedade contra estes proxectos, a FRUGA participou activamente en conxunto co resto de organizacións que fan parte da Alianza Rural Galega. De feito a Alianza está a receber novas e numerosas adesións ao manifesto contra a minaria contaminante que pretende dar unha resposta patriótica e popular a un fenómeno que nos retrotae a épocas pasadas marcadas polo proxecto de central nuclear de Xove, o expólio do areal de Baldaio, a celulosa de Fazouro,  as Encrobas, Castrelo de Miño, etc…

É por isto que desde a FRUGA chamamos a artellar unha resposta nacional, plural e democrática ao expólio dos nosos recurso, pola defensa do noso territorio e da nosa actividade produtiva.