Xornadas sobre a PAC: construindo a posición galega

Mentras as formacións españolas operantes na Galiza parecen estar mais preocupadas polo aceite andaluz, o sindicalismo agrario nacionalista analiza o futuro da PAC e chama aos distintos axentes sociais implicados a definir unha postura nacional forte e clara que defenda o futuro do noso agro

Compostela, 10 de xullo de 2013.- Será en Lugo, o vindeiro sábado 20 de xullo que a FRUGA organiza esta xornada dirixida tanto à nosa filiación como ao conxunto de axentes, técnic@s e profisionais do medio rural para debullar o futuro da Política Agrária Común e tentar elaborar unha proposta galega, sen inxerencia de intereses doutras “latitudes” do estado e co ollar posto no futuro da nosa agricultura e gandaria. Para participar diríxete ao local da FRUGA mais cercano, ou contacta telefonicamente con nós para confirmar esa asistencia. Agardámoste.