Xornada técnica sobre viticultura: Enoturismo e desenvolvemento sostíbel

Será este o 10 de agosto en Chantada, mas terá continuidade noutras xornadas a desenvolver polo País adiante

Compostela, 8 de agosto de 2013.-  A Asociación Galega de Viticultura presenta unha Xornada de Análise e Debate sobre Enoturismo e Desenvolvemento Sostible que baixo o Epígrafe de Xornadas Técnicas de Viticultura como parte dun ciclo que, durante o mes de agosto, ten continuidade en Monterrei, A Rúa de Valdeorras e a Pobra do Caramiñal. Estas Xornadas abordarán as produccións como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que os ciclos económicos impoñen. O desenvolvemento sostible xurde como concepto teórico nos anos 90, palabras que soaban ben na percepción intranquila dunha crise ecolóxica que sumou logo unha crise económica e tamén social, se callar a mesma crise con diferentes nomes. As Denominacións de Orixe puxeron as produccións autóctonas en destaque, mais que hai detrás dunha botellas de viño ou unha peza de queixo?.. ou que hai detras dun establecemento de turismo rural?

Nos tempos actuais onde a palabra competencia perde sentido, e ao revés reforza a idea de cooperación e sinerxia, os produtos teñen unha proposta comercial e estética nas súas etiquetas, nas presentacións dixitais, nas feiras e mercados…mais tamén encarnan o sentido das paisaxes, das pedras, do noso patrimonio milenario, da historias das súas xentes. As propostas de internacionalización agroalimentaria ou do enoturismo, desde unha óptica galega, teñen de sumar a globalidade dos nosos elementos, xa non ten ningún sentido, por exemplo, falar dun viño calquera da Ribeira Sacra sen apelar ao contexto eterno das terras e persoas, ou dos seus roteiros para viaxeiros e visitantes. Disto tentaremos falar e debatir no Pincelo en Chantada, achégate.
Programa da xornada:

Lugar: Adegas Esther Teixeiro
Pincelo – A Sariña – Chantada – Lugo

3 mesas de análise e debate:

10:30 Historia do enoturismo: exemplos de alá e acá

Xosé Manuel González Vilas (Asociación Galega de Viticultura)

11:30 A épica das adegas da Ribeira Sacra

Suso Verao: Viticultor da Subzona de Amandi
Rubén Moure: Enólogo na Subzona de Ribeiras do Miño
Roberto Regal: Enólogo e elaborador na Subzona de Chantada

12:30 O valor da terra: ecoloxía, turismo, paisaxe e patrimonio

Fernando Álvarez: Elaborador e Gandeiro da explotación da Ladeira da Mata na SuBzona de Quiroga-Bibei
Esther Teijeiro: Viticultora e elaboradora de viños ecolóxicos na Subzona de Chantada
Francisco Xabier Almuiña da Casa do Romualdo en Taboada na Subzona de Chantada
Un-unha  membro d’O Sorriso de Daniel na Subzona de Ribeiras do Sil (Asociación galega para a divulgación e recuperación do noso patrimonio románico)

13:30 Coloquio

14:00 Seguindo cunha copa de viño na man