As Xornadas Técnicas da AGV-FRUGA desplázanse a Valdeorras este xoves, seguindo o seu itinerário polas distintas bisbarras vitivinícolas da Galiza
Compostela, 21 de agosto de 2013.- A Asociación Galega de Viticultura presenta unha Xornada de Análise e Debate sobre o Valor da terra: mercado, turismo, paisaxe e patrimomio, e que forma parte dun ciclo que durante o mes de agosto e que ten tamén lugar en Chantada, Monterrei e a Pobra do Caramiñal. Estas Xornadas abordarán as produccións de calidade diferenciada como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que os ciclos económicos impoñen. A tradición vitícola francesa ten estendido o concepto de terroir, referido a un espazo de aptitude vitícola que xera un potencial de viños direnciado en base a unha dimensión física (xeoloxía, orientación e clima) e unha dimensión cultural (castes, prácticas e tradicións de cultivo). Esta diferenciación da un significado intanxible ás botellas de viño que viaxan polo mundo adiante como potente vector cultural dun territorio ou bisbarra, da súa identidade histórica e cultural, da súa economía, e do seu atractivo turístico.
Nos tempos actuais onde a palabra competencia perde sentido, e ao revés, toma forza a idea de cooperación e sinerxia, os produtos teñen unha proposta comercial e estética nas súas etiquetas, nas presentacións dixitais, nas exposicións e feiras….mais tamén encarnan o sentido da súa orixe, das pedras, do noso patrimonio milenario, das historias das súas xentes. As propostas de internacionalización agroalimentaria ou do enoturismo, desde a óptica galega teñen de sumar a globalidade dos nosos elementos, xa non ten ningún sentido, por exemplo, falar dun viño calquera de Valdeorras sen apelar ao contexto eterno das terras e persoas, ou dos seus roteiros para viaxeiros e visitantes. Disto tentaremos falar e debatir en Vilmartín, achégate..
Colaboran: Federación Rural Galega e a Rede Galega de Empresas
Cofinancian: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente; FEADER (Europa inviste no Rural) e Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.
O valor da terra: mercado, turismo, paisaxe e patrimonio
Xoves día 22 de agosto
Lugar:
Sede do Consello Regulador da DO Valdeorras
3 mesas de análise e debate:
10:30 Recepción
10:45 A promoción dos viños da DO Valdeorras no contexto da crecente internacionalización dos mercados vitivinícolas.
José Luis García Pando. Presidente do Consello Regulador da DO Valdeorras
11:30 O coñecemento das terras e paisaxes vitícolas de Valdeorras. Definindo o terroir .
Santiago Pérez . Departamento Técnico e Control na Denominación de Orixe de Valdeorras
12:30 Mesa-coloquio: turismo, paisaxe e patrimonio
Modera: Joaquín Sánchez. Asociación Galega de Viticultura
Amparo Montenegro. Enoturismo Galicia
Asunción Arias. Presidenta da Asociación “Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras”
13:30 Coloquio
14:00 Seguindo cunha copa de viño na man