II Olimpiadas Rurais en Meira

A Asociación Eme de Meira e Federación Rural Galega-FRUGA organizan o sábado día 31 de agosto, no parque de Meira, as II OLIMPÍADAS RURAIS, nunha xornada onde se pretende poñer en valor as tradicións e costumes da sociedade rural galega

Meira, 26 de agosto de 2013.- Será unha xornada de mañá e tarde onde haberá competicións de bolos celtas, fútbol gaélico, billarda, tiro de corda, lanzamento de colmeira e empuxamento de rolos de herba seca.

Ademáis contaremos con outros xogos populares durante todo o día (coa colaboración de XOTRAMU) e tamén música en directo, como final de festa, na entrega de premios.