Será este sábado, a partir das 10 da mañá
Compostela, 15 de outubro de 2013.- O vindeiro sábado terá lugar en Ramil, Agolada a II Festa da Sidra, actividade que ten por obxectivo popularizar a obtención e consumo da sidra, bebida tradicional galega que pouco a pouco volta recuperar o seu espazo nas nosas mesas e celebracións, logo de anos de reclusión nunhas poucas casas e lugares do País.
ADEGA e FRUGA voltan celebrar esta xornada lúdico-formativa na que ademais de elaborar este produto haberá espazo para aprender un pouco mais sobre as nosas variedades de mazás e o seu cultivo, ademais de como ponto de encontro e de intercambio de coñecementos para todas aquelas persoas que por Galiza adiante están a elaborar sidra ou teñen interese en comezar a fecela.
Aqui tendes o Programa da Xornada.
11.00 h => Inicio das actividades.
14.00 h => Xantar de Convivio. Cadaquén traerá a sua comida para compartillar. Haberá queixo, marmelo e café. Aportación solidaria 3 €.
16.00 h => Continuaremos as tarefas.
19.00 h => Remate da xornada.