A campaña solicitando solucións aos estragos da fauna salvaxe reune xá máis de 2000 sinaturas nuns poucos dias

A FRUGA percorre as feiras da Galiza apresentando as nosas medidas para frear a desfeita que o xabarin está a facer no agro galego

Compostela, 4 de novembro de 2013.- A FRUGA volta darlle voz aos afetados e afetadas por unha deficiente, se non ausente, xestión da fauna salvaxe na Galiza por parte dunha Administración Autonómica que outravolta evita asumir as suas responsabilidades nunha cuestion que deixa anos tras anos millóns de euros en perdas nas explotacións agrarias galegas.  Lembrar que a Xunta deixou de pagar polos danos do xabarín alá polo ano 2009. As medidas propostas pola FRUGA tendelas a continuación: