A “Xustiza” resolve dar por boa a decisión de afastar o barco e probocar o maior desastre ambiental na historia do País
O Partido Popular saca peito e celebra a sentenza que condena ao pobo ao pagamento dos danos ocasionados pola catástrofe
Compostela, 14 de novembro de 2013.- Logo de once anos apos a catástrofe que converteu as costas galegas nun mar de chapapote, a Audiencia Provincial da Coruña decide absolver aos imputados e dar así por pechado un xuizo cun cativo banco de acusados.
Insultando ao pobo galego, dase por boa a decisión de estragar a nosa costa e valida a nefasta xestión do Partido Popular, inzada de mentiras e manipulacións que ainda resoan na nosa memoria colectiva.
A FRUGA chama a paricipar das concentracións que mañá terán lugar en distintas vilas do País para amosar o rexeitamento a esta sentenza, e que comezan simultaneamente às 20:00 horas:
- A Coruña: Obelisco
- Ferrol: Praza de Armas
- Santiago: Praza do Toural
- Lugo: Praza da Soidade
- Monforte: Praza de España [esta concentración será ás 21h]
- Ourense: Parque de San Lázaro, enfronte Subdelegación do Governo
- Pontevedra: Praza Peregrina
- Vigo: diante do Museo Marco, Rúa do Príncipe
- A Estrada: Praza do Concello
- Vilagarcia de Arousa: Praza de Galiza
- Foz: diante do Concello
- Ribeira: Praza do Concello
- Cee: Praza 8 de marzo
- Lalín: Praza da Igrexa