Concluen as Xornadas Rurais con unha mensaxe clara: o agro galego ten futuro

As xornadas promovidas desde a FRUGA e ADEGA cobran vida propria e aspiran a ser un ponto de encontro para os novas iniciativas que agroman no rural galego e os proxetos colectivos que pretenden recuperar patrimonio e territorio para a actividade agraria

 

Compostela, 26 de febreiro de 2014.- Durante a fin de semana a Eira da Xoana, en Ramil, converteuse no epicentro dun terremoto de ideas, debates sen cancelas e sobre todo, de ilusión por dignificar as actividades tradicionais do rural e dos novos proxetos que abren novas posibilidades vitais e laborais no noso territorio.

Ler mais

A Xunta de Galiza denega o75% das solicitudes de axudas para razas autóctonas en réxime extensivo

O descenso do orzamento asignado á última campaña desta axuda, fai que só uns poucos/as vaian recibir o que lles corresponde

Lugo, 19 de febreiro de 2014.- En abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) no goberno bipartito, sacaba unha liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea: unha aposta por unha produción de alimentos sans e de calidade.

Ler mais

Xornadas Rurais na Eira da Xoana: o rural galego pide xente!

    Desenvolveranse en Ramil (Agolada), os dias 22 e 23 de febreiro

Promovidos pola FRUGA e ADEGA, pretenden ser un ponto de partida para criar un foro permanente de debate e encontro dos novos proxectos que xurden no rural galego, que faga visíbel a existencia de xente moza no noso agro e a súa necesaria consideración para un rural galego con futuro

Compostela, 10 de febreiro de 2013.- A cada momento son mais os lugares que fican avandonados. Casas e leiras son pasto das silveiras e o noso rural empobrécese ao mesmo tempo que a povoación avellenta e finalmente desaparece. Mais esta situación non é casual. A agricultura e a gandeiria sufriron o embate das políticas ditadas pola Unión Europea e o grande capital, que lonxe de buscar dinamizar e facer do medio rural unha opción para os mozos e mozas, rurais ou non, no que desenvolver a sua atividade e as suas vidas, deseñaron todo un plano de destrucción e desmantelamento que nos leva à dificil situación actual.

Ler mais

FRUGA denuncia a exclusión da povoación que mantén atividade agraria de autoconsumo dos Cursos de Aplicador/a de Produtos Fitosanitarios

 

A XUNTA DA GALIZA QUERE BOTAR A XENTE DO RURAL AO EXIXIR OSTENTAR A CONDICIÓN DE PROFESIONAL AGRARIO PARA PODER OPTAR A ESTES CURSOS DE FORMACIÓN

Galiza, 30 de xaneiro de 2014.- A Xunta de Galiza continua co seu ataque ao mundo rural. Agora tócalle a quen vivindo nel practican unha agricultura de autoconsumo.

 

 

Ler mais