A exclusión de máis do 75% das solicitudes das axudas de razas autóctonas en réxime extensivo na última convocatoria é a última agresión a un sector estratéxico que emprega a unhas 9.000 familias no País
Lugo, 11 de marzo de 2014.-En abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) no governo bipartito, sacaba unha liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeirasautóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a UniónEuropea: unha aposta por unha produción de alimentos sans e de calidade.
Deste xeito, a CMR e os titulares das explotacións gandeiras asumían
durante cinco anos unhaserie de compromisos: os/as gandeiros/as comprometíanse a cumprir medidas que fomentaban asrazas autóctonas en base á superficie e, a cambio, a CMR comprometíase ao pago de ata 156 €
anuais por animal reprodutor.
O Partido Popular, unha vez que asumiu o goberno galego, dado que non podía eliminar estasaxudas, comezou un constante recorte dos importes que reciben os labregos/as (xa na campaña2011 o retallamento chegou a un 45% sobre a cantidade inicial), pero foi na campañacorrespondente ao ano 2012 que, aínda agora se ven de resolver, cando a “machada” doexecutivo de Núñez Feijoo mostrou a súa peor cara.
Nesta anualidade, sobre o 75% das solicitudes de renovación de compromisos no ano 2012quedaron fora das axudas, iso si, unha vez que as explotacións afectadas si que cumpriron coassúa obrigas.
Esta non é a primeira machada que recibe o sector de vacún de carne nos últimos anos, oscontinuos recortes e a posterior non renovación do Contrato de Explotación Sustentable (CES), aparalización do BANTEGAL e a non defensa dos intereses das granxas galegas no próximareforma da PAC e que vai supoñer menos ingresos dos actuais, sumada ao constante suba doscostos de produción e o conxelamento dos prezos que reciben os/as labregos/as, fan que odescenso da renda das explotacións de carne sexa máis que preocupante.
Nunha primeira xuntanza para tratar este tema o pasado venres en Bacerreá, acordouse que @s afectados/as alí presentes ían recurir esta decisión a través dun recurso que a Federación RuralGalega-FRUGA xa está poñendo a disposición de todos/as os/as afectados/as que así o desexen.
Do mesmo xeito, para facer presión, tamén se decidiu organizar unha
mobilización o vindeiromartes día 18 ás 12:00 diante da delegación da Xunta de Galiza en Lugo, que é onde seatopan a maior parte dos expedientes comentados e rexeitados anteriormente.
Desde a Federación Rural Galega-FRUGA, continuaremos facendo máis xuntanzas informativasnas principais comarcas afectadas para que esta acción de protesta sirva para facerlle ver ao Sr.Núñez Feijoo, que lle debe un respecto ao sector do vacún de carne, una actividade que empregaa 9.000 familias e que é a principal actividade económica en moitas comarcas galegas.
Do mesmo xeito, tamén agardamos que outros axentes se sumen a esta iniciativa e poder asífacer canta máis forza mellor, para así esixir unha corrección por parte da Xunta de Galiza e aaprobación de todas as solicitudes que, cumprindo cos requisitos, poden quedar fora desta axuda.