A Conselleria do Medio Rural e do Mar deixa plantados a mais de 100 axentes de inovación e á representante do Ministerio de Agricultura español

O desplante produxose no marco de unha xornada organizada pola Fundación Juana de Vega celebrada o pasado venres no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

 

Desta maneira a Xunta oculta as suas propostas para os vindeiros anos en materia de desenvolvimento rural

 

Compostela, 9 de xuño de 2014.- O pasado venres, dia 6, tivo lugar no Centro de Investigacións Agrar9as de Mabegondo (CIAM) unha xornada organizada pola Fundación Juana de Vega que tiña por título: “Retos e oportunidades para o campo galego: Aplicación na Galiza do partenariado europeo para a inovación”.

 

O que se pretendÍa coa celebración desta xornada era dar a coñecer o novo modelo que desexa implantar a Unión Europea para fomentar a a inovación no sector agroalimentar, mediante o “Partenariado Europeo para a Inovación”. Esta metodoloxía asenta no traballo colaborativo entre os distintos parceiros do sector mediante a constitución de Grupos Operativos. A xornada estaba dirixida aos axentes implicados no desenvolvimento rural, comenzando polo sector produtor mas contando coa presencia de representantes da investigación, do sector empresarial, das cooperativas, dos consellos reguladores, persoal da administración, ONGs e organizacións sindicais, amais de persoas e entidades interesadas en coñecer este novo enfoque da inovación para o agro galego.

 

No marco desta xornada, logo da intervención da representante do Ministerio de Agricultura español, estava prevista a intervención dunha persoa en representación da Consellería do Medio Rural e do Mar. Intervención que non se produxo sen que a organización do evento recebera nengún tipo de explicación.

 

É de destacar que a intervención do representante da Consellería tiña a súa interese, xá que ia falar sobre o Plano de Desenvolvemento Rural (PDR) da Galiza, asunto de suma importancia para o agro galego e en concreto no que ten a ver con a transferencia de coñecimentos e a inovación nos sectores agrario e do monte.

 

O artigo 5 do Regulamento (UE) 1305/2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural establece seis prioridades do desenvolvemento rural, e precisamente a primeira fai referencia á necesidade de fomentar a transferencia de coñecimentos e inovación nos sectores agrario, do monte e nas zonas rurais, mediante a inovación, a cooperación e o desenvolvemento da base de coñecimentos nas zonas rurais.

 

Pois ben, a Consellería do Medio Rural e do Mar da Galiza parece que non ten nada a dicir ao respeito, cando nestes mementos se debería encontrar traballando sobre o PDR galego para o período 2014-2020. Polo tanto ou non ten feitos os deberes, o que resultaría moi grave, ou quixonos ocultar as súas propostas a mais de 100 axentes de inovación que hoxe nos reunimos en Mabegondo para as coñecer de primeira mao, o que tamén resulta grave e ante todo unha falta de respeito .