Apenas unha declaración de intencións, moita propaganda e o rural aparentemente “tomado” polas forzas de “seguridade”
Compostela, 23 de xuño de2014.- Comunicado do Comité de Defenda do Monte Galego: convocado o CDMG por medio da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Man Común (ORGACCMM), no Pazo da Cultura de Pontevedra, co obxecto de avaliar o PLADIGA 2014, e coa asistencia de Fruga (Federación Rural Galega), CIG, CIG-Comité Medio Rural, Comité SEAGA e a entidade convocante, procédese por parte dos asistentes a realizar unha análise dos aspectos máis destacados dese documento, acadando as seguintes conclusións:
1º.- O PLADIGA é unha declaración de intencións. Relatorio de normas, estatistícas, organización e funcións que non se aplicaron nos anteriores nin se van aplicar néste ano.
2º.-O PLADIGA foi elaborado unilateralmente pola Xunta de Galiza, sen contar coa participación social. Trátase dun texto imposto, considerando aos membros do Consello Forestal donde se presentóu, como mera comparsa.
3º.- A Xunta criminaliza os/as propietarios/as de montes co nomeamento das parroquias de maior intensidade de lumes, xenerando unha imaxe das mesmas de gheto social e un estado policial.
4º.- A Xunta de Galiza non fai nada por solucionar o problema dos 300.000 permisos de queima que expide por ano, e de donde por carencia de asesoramento prodúcense incendios forestáis, tendo como consecuencia o considerar públicamente o autor como un delicuente.
5º.- A Consellería do Medio Rural e do Mar, non conta cunha plantilla de persoal dimensionada para facer fronte os incendios forestáis. E totalmente falso que a cifra de 5.700 persoas que presentaron como medios humanos sexan profesionáis, quedando limitado o número a 1.700. O resto son as
contratacións eventuáis de 2-3 meses para o verán (aproveitar as taxas de paro para contratar a persoas que non teñen a formación necesaria para un traballo de alto risco).
O PLADIGA non é máis que un texto co que pretenden tapar a incompetencia da prevención e defensa contra os incendios forestáis.
Sobre o presente comunicado, tomanse ademáis os seguintes ACORDOS:
– Remitir a mesma os medios de comunicación.
– Retomar o caracter Nacional do CDMG, comunicando os colectivos que o conforman, que si algún dos que foron convocados non está interesado en continuar no mesmo o manifeste, os efectos de novas convocatorias, e asemade estar abertos a novas incorporacións.
ORGACCMM, FRUGA, CIG, CIG-Comité Medio Rural, Comité SEAGA.