FRUGA e gandeir@s da provincia de Lugo exixen da Xunta de Galiza solucións para os problemas ocasionados polo aumento de sacrificios obrigatórios inxustificados de reses

Elías Somoza, comandando o grupo de gandeir@s na entrega das sinaturas perante a Xunta en Lugo.
Elías Somoza, comandando o grupo de gandeir@s na entrega das sinaturas perante a Xunta en Lugo.

A campaña lanzada pola organización recolleu mais do milleiro de sinaturas
O incremento de positivos provisorios que supoñen facer sacrificios e que logo na proba confirmatoria en matadoiro resultan negativos, é brutal
A Xunta continua sen corrixir oficialmente a situación
Lugo, 24 de xullo de 2014.-  FRUGA e gandeiros da provincia procederon a entregar na delegación da XUNTA de máis de 1000 sinaturas para demandar, novamente, solucións claras os problemas creados este ano co saneamento gandeiro. Xa que a día de hoxe so se teñen adoptados parches de xeito oficioso.
O saneamento gandeiro é un programa de detección e control de posibles enfermidades que se fai ao total da cabana gandeira bovina galega desde fai máis de 30 anos que o proprio sector valora como positivo e necesario.

Ler mais

Conta atrás para as II Xornadas Rurais: o noso agro quere xente, desta vez, en Negueira de Muñiz, do 3 ao 6 de xullo

O encontro comeza este mesmo xoves, e trascorrirá até o domingo Compostela, 2 de xullo de 2014.- Desta volta será a aldea de Ernes, en Negueira, a que acollerá un encontro que promete ilusionar à mais que abondosa participación de homes e mulleres do rural, maioritariamente moz@s, mais tamén a toda aquela que se achegue … Ler mais

Os prazos e requisitos impostos pola Xunta para as solicitudes de axuda dos plans de mellora para as explotación agrogandeiras faran que moitas explotacións perdan as axudas as que poderian ter direito

Coincidindo co remate do prazo de solicitude de axuda e presentación de documentación, a moitas explotacións foilles imposible dar tramitado a licenza municipal esixida e dar aclarado as condicións de tamaño que deben reunir as fosas do xurro.

Compostela, 2 de xullo de 2014.- Con data 22 de xaneiro do ano 2014, saiu publicada no DOGA, a orde que regulaba a tramitación dos plans de mellora destinados a modernización e mellora de explotacións agrarias e gandeiras. Esta orde contemplaba que tódolos expedientes deben ir provistos da licenza municipal correspondente.  Dando como data limite para a súa presentación o dia 15 de Xuño, sendo posteriormente ampliado este prazo ata o dia 30 de Xuño.

Ler mais

O desgoberno do PP en Santiago de Compostela está a prexudicar ás persoas titulares de explotacións que teñen solicitadas axudas á Conselleria

A FRUGA denuncia que a totalidade das explotacións agrarias radicada no concello de Santiago de Compostela van perder as axudas solicitadas ao abeiro da Orde de 30 de decembro de 2013 que establecía as axudas para a modernización das explotacións agrarias.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014.- O dia 30 rematou a prorroga do prazo para que as persoas titulares de explotacións agrarias que tiñan presentado solicitude de axudas establecidas na Orde de 30 de decembro de 2013 para a modernización das explotacións agrarias completaran toda a documentación requirida.

Ler mais