Os prazos e requisitos impostos pola Xunta para as solicitudes de axuda dos plans de mellora para as explotación agrogandeiras faran que moitas explotacións perdan as axudas as que poderian ter direito

Coincidindo co remate do prazo de solicitude de axuda e presentación de documentación, a moitas explotacións foilles imposible dar tramitado a licenza municipal esixida e dar aclarado as condicións de tamaño que deben reunir as fosas do xurro.

Compostela, 2 de xullo de 2014.- Con data 22 de xaneiro do ano 2014, saiu publicada no DOGA, a orde que regulaba a tramitación dos plans de mellora destinados a modernización e mellora de explotacións agrarias e gandeiras. Esta orde contemplaba que tódolos expedientes deben ir provistos da licenza municipal correspondente.  Dando como data limite para a súa presentación o dia 15 de Xuño, sendo posteriormente ampliado este prazo ata o dia 30 de Xuño.

A dia de hoxe moitos expedientes non van ser resoltos, como consecuencia de que unha parte importante destas licenzas non foron resoltas a dia 30 de Xuño do 2014, data limite para a presentación dos plans de mellora.  A tramitación das licenzas municipales pode retrasarse por un longo periodo de tempo, segundo o concello implicado; co cal atopamonos con serias dificultades para a concesión da totalidade destas licenzas en tan pouco tempo.

Para a tramitación destas licenzas municipales, os solicitantes deben acompañar o informe medioambiental correspondente, elaborado pola consellería do mesmo ramo, informe que contradice en moitos casos as normativas correspondentes a Consellería de Medio Rural. Neste caso podemos comprobar como estes documentos se basan mais en recomendacións, que en normativas existentes a dia de hoxe.  Cando se refiren a xestión dos xurros nunha explotación agraria, comprobamos con que as esixencias de medio ambiente son moito mais restricitivas que as de Medio Rural, como por exemplo no calculo do tamaño da fosa, no que medio ambiente contempla  case o doble de metros cúbicos por UGM (Unidade de Gando Maior) que medio rural. Nun aspecto como é  o período mínimo de maduración dos xurros, a normativa de medio rural fala de 4 meses fronte as 6 meses que esixen os informes expedidos pola consellería de medio ambiente.

A orde que regula a tramitación e solicitude dos plans de mellora, esixe igualmente ter rematadas as obras e as outras inversións antes do 31 de decembro; e dicir, executadas na súa totalidade. Aspecto este que xera grandes dificultades a moitas explotacións, o ser os prazos de execución moi curtos, tendo en conta que primeiro teñen que recibir a aprovación do espediente de solicitudepola XUNTA.

Dende FRUGA queremos manifestar un rexeitamento total a xestión improvisada que se está a facer destas axudas en 2014, por parte da Xunta de Galiza. A administración galega continua a actuar de xeito irresponsabel na xestión dos fondos provintes da Unión Europea, cartos que teñen que ser destinados a modernización e mellora das explotacións agrogandeiras galegas. Máis unha vez, comprobamos como importantes cantidades de diñeiro procedentes de fondos europeos podense perder pola incompetencia da Xunta.

Dende FRUGA demandamos da XUNTA que adopte as medidas precisas para non decaia ningun expediente de solicituda de axuda polos motivos expostos.